venres, 22 de maio de 2015

Biodiversidade e patrimonio na montaña lucense: conservación e uso social

Xustificación:
Formar para conservar e promover a biodiversidade e o patrimonio cultural como obxectos de estudo e aproveitamento, así como expoñer experiencias de xestión na montaña galega ou en áreas con características semellantes e mostrar as posibilidades didácticas da montaña ancaresa.

Número máximos de alumnos: 30
Número de horas: 26

Convalidable por 2 créditos para titulacións de grao e 1 crédito para licenciaturas, diplomaturas e enxeñerías. Recoñecido con 10 horas de formación do programa de doutoramento “Historia, Xeografia e Historia da Arte”.

Datas de celebración: 11 ó 14 de xullo do 2018.
Lugar de celebración: Piornedo de Ancares – Concello de Cervantes (Lugo).
Ás 13:30 do día 11 sairá un autobús gratuíto desde a parada da EPS, campus de Lugo, ata Piornedo. O día 14 ás 16:30 sairá un bus que fará a viaxe de volta a Lugo.

Matriculación:
Do 9 de maio ó 30 de xuño.
Matriculación on-line premendo no botón MATRICÚLATE na páxina web dos cursos de verán da USC ou de forma presencial nas oficinas da área de cultura da USC en Santiago ou en Lugo.
Xeral: 120 €
Reducida (estudantes, pensionistas, desempregados e persoal da USC): 70 €
Becas de matrícula: os 14 primeiros matriculados na modalidade reducida que, por medio de correo electrónico ó secretario ou ó director do curso, manifesten interese en ser becados, recibirán o reintegro do importe da matrícula unha vez que a entidade patrocinadora o poña a disposición dos organizadores.
Existe a posibilidade de aloxamento de balde no local da asociación cultural “O Teixeiro” de Piornedo.

Dirixido a:
Estudantes e titulados de carreiras ambientais e de humanidades, así como ó profesorado que imparta docencia relacionada co medio natural e co patrimonio. Tamén á poboación local interesada nos valores naturais e patrimoniais da comarca e no seu aproveitamento socioeconómico. En xeral a calquera cidadán, profesional ou non, interesado no medio natural e cultural.

E-mail de contacto: mariadolores.vazquez@usc.es / elena.freire@usc.es / orivaslopez@gmail.com

Máis información:
cursodeveranpiornedo2018.blogspot.com.es
http://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran/